Pica sobre el menú para entrar, en los iconos flechas para decirnos adiós
 GUERRA nunca mais. VIOLENCIA no gracias
http://www.todofacil.com/Ratings/
Nuestro CRA 
ALDEHUELA 
BARBADILLO
CALZADA 
GALINDO
ROBLIZA de Cojos
ROLLÁN
otras W E B S 
Escuelas 
Suprimidas

museo 
del niño
El  Prado
Freinet
El racó del clic
mecd
Junta CyL
CFIE
Salamanca

para PEQUES
niños & INTERNET
pequenet
amigos en la red
CHIQUITIN
Guaykids

ToDo SoBRe Mi PueBLo 
 conoce al camello de Robliza y a  nuestros abuelos y abuelas
¡¡ Participa en nuestro TERCER  ConSuRso  !!
Hª de un Euro
Te proponemos continuar una interesante historia que tiene a esta moneda como protagonista
El Papapio
Te invitamos a exponer tus historias en nuestra página para darlas a conocer
Hambre: No, gracias
No pases de largo, ser solidari@ cuesta sólo un "clic"
con ARTE
L@s niñ@s de Robliza de Cojos muestran su creatividad
Chic@s sobre chic@s
Una muestra de las mejores opiniones sobre este tema
SER o no SER miedos@ 
Muchas personas ya nos han contado sus miedos. 
Conócelas y comparte los tuyos
Mensaje de AMOR
Puedes participar en un CONCURSO y ganar un bello regalo
 ¡ y  podrás  comprar gratis terreno en Brasil y plantar árboles autóctonos !
Nuestras experiencias navegando por INTERNET
Conoce nuestras experiencias y enlaza con los sitios que visitamos
Nuestros Cuentos  para divertir y entretener un ratito  nuevo
2001, Año europeo de las lenguas
Rincón para DEBATIR sobre la enseñanza/aprendizaje del inglés
...
P R E N S A 
EL PAÍS
Ciberp@is
TRIBUNA
Escuela Española


material
/racisme


  BUSCADORES
google
 Y a h oo
Terra
Ya.com
Altavista 
Lycos
All the web 


CORREO
Yahoo
Olemail 
Latinmail
Lycos 
inicia


PROFESORES 
en la RED 
    Correo electrónico roblizah@adigital.pntic.mec.es
 Dirección en Internet  http://adigital.pntic.mec.es/lcra.de.robliza.de.cojos
    Autora y webmaster  ELENA SANZ HERRANZ
                                                               Actualizada: noviembre 2003
 
Volver a 
PORTADA
O MANIFESTO DAS NOVE ONDAS.  Manuel Rivas
            Pobo ceibe da Galiza, xente voluntaria e solidaria de aquén e alén, hai hoxe dous trazos na
boca do mar que o mundo enteiro entende: Nunca Máis.
            Traedes sobre os ombros o mellor patrimonio de Galicia, a mellor madeira da humanidade.
O que non ten prezo, o que non se pode taxar. A conciencia. A dignidade.
            Hai un ano, en situación dramática, o pobo galego emerxeu do naufraxio, demostrou ter
grandes reservas de civismo e esperanza. Diante desa proba, diante dese Mayday do mar, saíu o
mellor do nós. 
            Tamén é certo que tivemos constancia do peor. Foi unha proba para todos. E atopámonos
cuns gobernantes que nunca preguntaron nada, que nunca escoitaron, que nunca dialogaron e que 
mostraron tanta incompetencia como hostilidade á cidadanía. E aquí os temos. Vede as súas últimas
declaracións. Falan de “facer tragar” a Nunca Máis este cabodano. Iso é o que se lles acorda. Sen
autocrítica, sen capacidade, sen escrúpulos e sen respecto polo seu pobo, nin sequera por quen os
vota.
            Non son leóns, diría Lampedusa, senón hienas.
            Mais cando falan así, fala por eles a mala conciencia.
            Eles din, unha e outra vez, que farían o mesmo. O certo é que semella que non saben moi
ben o que fixeron. Se cadra co barco afundiron a vergoña. Se cadra pensan que a impunidade  permite
rirse da intelixencia e enterrar a verdade nunha balsa co chapapote. Hoxe é un bo día para lembrarlles
algo do que fixeron. 
            -Agravaron exponencialmente os efectos dun accidente convertendo o sinistro nun
desastre sen precedentes.
            -Actuaron con desleixo nas súas funcións e responsabilidades, con abandono e ausencia
en intres decisivos. 
            -Enganaron, manipularon, deron información falsa sobre o que estaba a pasar, sobre o
alcance dese desastre, cando a primeira esixencia é a información veraz aos afectados, á cidadanía.
            -Desoíron as voces dos expertos, dos científicos e dos profesionais do mar.
            -Atrancaron, obstaculizaron a participación cidadá e o movemento do voluntariado. 
            -Atacaron, aldraxaron, calumniaron, perseguiron, fixeron todo o posíbel por afundir a unión
solidaria que é Nunca Máis, ignorando a propia Constitución que tanto esgrimen e que establece que os
poderes públicos, en situacións como esta, teñen que apoiarse na “indispensábel solidariedade
colectiva” (Artigo 45). Velaí unha boa definición do clamor popular que encarna Nunca Máis: A
indispensábel solidariedade colectiva.
            -Desprezaron as institucións democráticas, impedindo que cumpriran a súa función de
control, debate e investigación.
            -Xestionaron como facción partidista os recursos de todos, presentaron como favores as
compensacións que en dereito corresponden, e chantaxearon aos afectados ao obrigalos a renunciar a
reclamacións futuras. Mesmo utilizaron símbolos, que deberían merecer o máximo respecto, como a
Medalla de Galicia, para un uso sectario e de hostilidade cara a cidadanía.
            -Non cumpriron, esa é a realidade a día de hoxe, os mínimos prometidos en canto a
medios de prevención para afrontar unha situación semellante. 
            Velaí nove das enxurradas do poder. E que se resumen nun lema, nun slogan, que lle
ofrecemos con desinterese dende Nunca Máis:
            Señores Aznar, Fraga, Cascos, Rajoy...
            Vostedes, O ben fixérono mal  e o mal fixérono ben.

            Fronte a esas enxurradas, están as ondas da cidadanía, da conciencia popular. As nove
ondas da fermosa tradición do mar. As nove ondas da fertilidade, da creatividade, da vida.
            -A onda da dignidade. Cando se cuantifica unha catástrofe, hai algo que a economía
convencional non mide. E é a actitude, e os valores, e o ánimo dos seres humanos que a sofren.  O
verdadeiro activo de Galiza é a dignidade da xente que ser ergueu. Da xente que rachou coa
indiferencia, o medo ou o servilismo. Se temos un espello ético, se ese espello non está feito cachizas,
é grazas ao movemento cívico que puxo Galiza en pé. 
           -A onda da memoria. A onda que loita contra o esquecemento. Fracasaron na súa
estratexia do esquezo, de introducir o virus da desmemoria para borrar o ‘disco duro’, para desactivar á
cidadanía. Fixeron todo tipo de operacións para enterrar o asunto coa galdrumada da propaganda.
Mais aquí está viva a memoria. O mar, como dixo Stevenson, rebélase contra o esquecemento. 
           -A onda da verdade. O poder gobernante moveu os seus tentáculos como un xigantesco
polbo, como ese monstro ao que chamaban Kraken, para tapar o acontecido. Mais fracasou. Algúns
poden pensar que non. Mais fracasou. A grande proba é que, pese a todos as súas presións, e foron
moitas, o caso Prestige e a toma de medidas na seguranza marítima vai ser un asunto central nos
vindeiros catro meses no Parlamento europeo. 
           -A onda da solidariedade. Fronte á cobiza, fronte á especulación que non respecta nin o
medio natural nin as persoas,   un exemplo histórico, unha referencia inesquecíbel na loita
medioambiental, a vaga solidaria, internacionalista, que tivo e ten Galiza por escenario.  Cando
enumeran cifras e falan de custes, que nos digan en canto se calcula, en como se valoran os centos de
miles de xornadas dos voluntarios de dentro e de fóra de Galiza que fixeron o groso da limpeza do
litoral? Nunca Máis ten o compromiso irreductíbel de que ese esforzo do voluntariado non será en van e
ha ser honrado como se merece. 
           -A onda da seguranza. Este movemento cívico dende a catástrofe do Prestige ten un fondo
carácter futurista. Ao falar de verdadeira seguranza hai que falar dos intereses públicos. A falta dunha
conciencia marítima no poder do Estado ten que ver cunha concepción centralista mais tamén cunha
idea anacrónica do significado da seguranza na actual sociedade de risco. Nunca Máis expresa a
necesidade dunha seguranza asociada á protección da natureza e ao benestar da xente.
           -A onda da liberdade. Ao capitalismo sen escrúpulos, aos políticos e gobernantes
ventrílocuos deses intereses particulares, incomoda, molesta o protagonismo da sociedade. Énchense a
boca coa sociedade civil, pero cando esta xurde de verdade, cando a sociedade exerce os seus
dereitos e liberdades, entón nótase o arrepío de quen é só demócrata cando manda. 
           -A onda do orgullo. De amor ao noso chan e ao noso mar. ¿Ten un pobo que dar explicacións por
defender o propio fogar, o seu medio de vida, os seus recursos? Ao dicir Nunca Máis, negámonos a
ser exportadores de tristura. Exportamos con orgullo unha  identidade creativa, positiva, de corazón
ecolóxico e razón democrática.
           -A onda constructiva. Eles, estes gobernantes, son os destructivos, os do non, os da
desvergoña, os que cobren de mofo unha sociedade vitalista. O movemento cívico Nunca Máis non
pertence ao calendario das derrotas. Pola contra, expresa un pobo que emerxeu dos naufraxios. 
           -A onda da esperanza. Non, este pobo non deixou que lle afogaran, que lle confiscaran a
esperanza. 
            Xente libre de Galicia, pobo ceibe da Galiza, solidarias e voluntarios de aquén e de alén,
grazas por facerdes deste país un lugar no que paga a pena vivir e soñar. 
            Un ano despois, polo mar, pola dignidade. 
            Deus Fratresque Gallaeciae!                                                                                     ARRIBA

Las mujeres de todo el mundo tienen derecho 
a vivir libres de violencia 
y cualquier forma 
de violencia 
contra las mujeres, 
representa una privación de 
los derechos humanos más primordiales.

CONFERENCIA DE BEIJING (1995)

25 DE NOVIEMBRE
DÍA INTERNACIONAL CONTRA LA 
VIOLENCIA HACIA LAS MUJERES
La ONU dió carácter oficial en 1999 
a esta fecha que conmemora el violento asesinato de las hermanas Mirabel (Patricia, Minerva y Mª Teresa) 3 activistas 
políticas asesinadas el 25 de noviembre de 1960 en manos de la policía secreta 
del dictador Rafael Trujillo 
en la República Dominicana.
No dejes pasar esta fecha sin hacer una pequeña reflexión con tus alumnas de este tema. Como docente y aunque no quieras puedes tener que enfrentarte en tu aula a algún alumno o alumna que pueda estar sufriendo esta situación de maltrato. Es necesario estar atentos y saber cómo intervenir, dependiendo de la edad de los niños. Si no estás seguro de cómo actuar coméntalo con las personas del EOEP.
LA EDUCACIÓN ES EL MEDIO MÁS VÁLIDO PARA LUCHAR CONTRA CUALQUIER TIPO DE VIOLENCIA           ARRIBA